O CORVO BARETTA


Nalgún recóndito lugar da miña infancia aínda voa un corvo chamado Baretta. Na miña aldea algunha xente tiña por costume ter corvos coma mascotas. O veciño da miña tía era un deles. Tiña un corvo amarrado cunha cadeniña na pata pra q non liscara. O paxaro erache ben listo e tiña o nome do protagonista dunha serie policíaca que seica estaba de moda naqueles tempos. Gústaballe arrimarse á cancela da súa casa pra axexar á xente que pasaba polo camiño.

Eu, que xa era de pequena moi agarimosa cos animais, lle collín cariño e ás veces collía miñocas ou insectos que gardaba no peto pra darlle de comer. Así foi coma forxouse unha amizade estrana entre un corvo e unha nena.

Case tódolos días o miraba ó pasar á beira da cancela. O corvo asomábase cando o chamaba e eu aloumiñáballe a cacholiña bruñida de negro. Era fermoso o paxaro inda que os seus ollos eran tristes. Baretta non podía voar porque estaba preso. Eu sentía magoa por él e pensaba coa lóxica que só teñen os nenos:

-¿De que sirve ter ás si non se pode voar?

E así matinei un plan de fuxida pra Baretta. Chegou o dia no que non había ninguén nos arredores. Facía sol e o aire estaba cargado de bos presaxios. Saltei o muro de veciño q mantiña preso ó meu amigo. Collín o extremo da cadea que se fixaba na sua patiña cunha argoliña e a ceibei cuns alicates roubados ó meu avó , que gardaba baixo a saia.

Baretta miroume perplexo uns segundos e eu berreille:

-¡¡Veña, fuxe!!

E alzouse sobre ó ceo, deu un par de xiros sobre min e dirixiuse hacia o azul infinito. Non volvín a velo mais. Pero estou certa de que levou unha boa vida.

one-black-crow

Esta entrada foi publicada en Poemas.

Un comentario en “O CORVO BARETTA

  1. zeltia di:

    pensei que ía rematar que o corvo quedaba.
    os animais que estamos domesticados danos moito medo a liberdade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s